| Venres 28 de abril. 2023
| Ás 20:15 h
| Círculo Recreativo Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Compañía Culturactiva Produccións
Rede de Dinamización Lingüística
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. Esta obra pon remedio a isto cun gran equipo: un texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
A obra presenta a un Castelao de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da trama.
Unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar faráse notoria para Xoaquina.