| Mercores 23 de outubro. 2019
| Ás 12:00 h.
| Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 4-12 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo / actividade concertada cos colexios do Porriño
> Patrocina: Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero | Ler conta moito
Actividade organizada no marco do programa da Xunta de Galicia, Ler conta moito, como actividade de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas públicas.
Actividade concertada con distintos colexios do concello, que xira ao redor da igualdade de xénero e a visibilidade das mulleres artistas ao longo da historia, que moitas veces permaneceron ocultas debido á súa condición de mulleres.
Sesión de contacontos a partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron a través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abordase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde os máis cotián ata o da creación artística.
Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.
Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcebidas.