Teatro infantil. Os contos de Barriga Verde (Manuel María)

| 15 de maio
| Ás 13:00 h.
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

Un espectáculo de Os Sete Magníficos Máis Un, compañía de clown.

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal, no que sigue misturando narración oral, humor e maxia para contarnos Os Contos de Barriga Verde.

Escrito por Avelino González, a partir de tres das obras máis sobranceiras do escritor Manuel María (Barriga Verde, Os Soños na Gaiola e Aventuras e desventuras dunha Espina de toxo chamada Berenguela), Os Contos de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.

Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo, demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

Manuel María, (…) Aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: paseo, leo e escribo…! (Os Soños na Gaiola, 1968).

Máis información sobre a compañía “Os Sete Magníficos Máis Un”, na súa web » ligazón externa


Ver a programación da Feira do Libro de Galicia por días:
xoves 12 »  venres 13 »  sábado 14 »  domingo 15 »


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png