| 28 de decembro. 2016
| Ás 18:30 h.
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
Un espectáculo da compañía Educa Teatro.
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?
A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?
Máis info sobre a obra na páxina web de Educa Teatro » ligazón externa