Teatro infantil: “Rosa Caramelo e outras historias”

| Venres 22 de novembro. 2019
| Ás 18:00 h.

Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Teatro infantil: “Rosa Caramelo e outras historias”

Un espectáculo da compañía Talía Teatro para o público infantil.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

Nesta montaxe, composta de catro historias nas que combínase a palabra e a música en directo, tratarase de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.



Cartel teatro infantil: “Rosa Caramelo e outras historias”

Teatro infantil: “Rosa Caramelo e outras historias”


Cabecera-web-ecultura.png