Teatro infantil: “Superharte”

| Domingo 22 de setembro. 2019
| Ás 18:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Teatro infantil: "Superharte"

Un espectáculo da compañía: Patty Diphusa

Patty Diphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E vén traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor.

Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intentará, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para iso todas as habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inchando globos e incuso meténdose dentro deles!!

Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty chega disposta a conquistar os corazóns do público porque, como ela di, “aos artistas respéctaselles, pero aos pallasos ámasenos”, e é ese amor a razón de por que durante 50 minutos non parará de dar toda a súa enerxía ás espectadoras e espectadores presentes.



Teatro infantil: "Superharte"


Cabecera-web-ecultura.png