| Sábado 8 de agosto. 2020
| Ás 20:00 h.
| Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo (85 persoas)
Un espectáculo da compañía Animar-T.
Unha visión optimista da vida, que mostra que con esforzo e confianza nun mesmo pódese conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata as relacións entre netos e avós desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de sete anos. Un espectáculo que mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación dos nenos.