| Sábado 26 de outubro. 2024
| Ás 21:00 h
| Centro Cultural de Atios » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Un espectáculo da compañía Pico do Castro de Foz
Ciclo de teatro Fegateatro, Federación Galega de Teatro Afeccionado
As personaxes, un doutor con dominio en temas de psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!.
Así as cousas, o doente pouco a pouco irá sacando das casillas a un doutor moi resistente a desbordarse a pesar do desfile de ocorrencias e situacións, insólitas e raras, que lle propón o seu doente.
Neste senso,ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocrisía, a soidade, a sexualidade.


