Teatro: Mamá!

| Sábado 31 de outubro. 2026
| Ás 19:00 h
| Centro Cultural e Veciñal As Mimosas de Carracido » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: Mamá!

Un espectáculo da compañía Farándula Velutina
Ciclo de teatro Fegateatro, Federación Galega de Teatro Afeccionado


Unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).

As relacións entre nais e fillas son profundas e complexas. Mamá! explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren.



Teatro: Mamá!


Cartel fegateatro septembro-outubro