Teatro: MetamorfoseS

| 7 de abril. 2017
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Aforo limitado

Obra MetamorfoseS

Un espectáculo da compañía Xerpo Teatro.

Unha visión alternativa da evolución do ser humano inspirada no clásico de Franz Kafka “A Metamorfose”.
Unha análise da relación entre o dixital e o social que plantexa moitas preguntas e mantén viva a atención do público en todo momento.
Gregor Samsa é un programador que vive na casa dos seus pais pero que gaña o soldo para toda familia grazas á creación de aplicacións de pouca sona que lle encargan e que resultan boas, pero non se promociona e non trata de chegar a máis porque hai outro proxecto que o mantén ocupado. O seu algoritmo de vida.
Un imprevisto provoca que a consciencia de Gregor se volque no ordenador tendo que convivir co seu novo corpo e coa súa familia.
Gregor está nun cuarto frio, cheo de cables, pantallas e un somier, unha contorna moi pouco axeitada para un ser humano e, comezada a obra, convírtese nun espazo onde nada é o que parece, os cables accionan efectos, nas pantallas
aparecen personaxes, as luces acciónanse tocando elementos da escenografía, todo para suliñar que Gregor está a interaccionar cunha interface de usuario dixital. Con todo isto márcase a metamorfose en ente dixital.

Máis info sobre a compañía Xerpo Teatro na súa páxina web » ligazón externa

Ciclo de Teatro: MetamorfoseS


Cabecera-web-ecultura.png