ACTUALIZACIÓN: nova data, hora e localización
| Sábado 19 de outubro Sábado 23 de novembro. 2024
| Ás 21:00 h Ás 20:00 h
| Centro Cultural A Forna de Budiño Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Un espectáculo da compañía Farándula Velutina
Ciclo de teatro Fegateatro, Federación Galega de Teatro Afeccionado
Elisa vive coa súa avoa. Está nunha cadeira de rodas despois dun grave accidente de circulación. Polo seu aniversario recibe un misterioso agasallo. É un regalo que non parece moi apropiado para a súa idade e nin sequera sabe de quen procede, pero parece estar secretamente conectado cunha nena descoñecida que aparece no cuarto de Elisa sen que ninguén a convide. Esa estraña personaxe permitirá á protagonista reconectarse co seu pasado e abrirá as portas do futuro que lle agarda.
Farándula Velutina presenta unha comedia dramática sobre a familia, a soidade e a morte.