Teatro para adultos: “Chicago Killers”, da Cia. Atrezo Teatro

Domingo 11 de novembro • Ás 18:00 h.
Centro Cultural de Chenlo » ver mapa

Sábado 17 de novembro • Ás 21:00 h.
Centro Cultural Os Penediños de Atios » ver mapa

Domingo 18 de novembro • Ás 19:00 h.
Centro Cultural Alba de Torneiros » ver mapa

Venres 30 de novembro • Ás 21:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa

| Entrada libre e de balde ata completar aforo (en todas as actuacións)


Chicago Killers Atrezo Teatro

Un espectáculo de Atrezo Teatro.

Chicago Killers é unha adaptación do exitoso musical Chicago, que incorpora elementos de The orange is the new black, Public Enemies e Pulp fiction, entre outras. Unha comedia ambientada na Illinois dos anos 50, en medio dunha oleada de crimes, corrupción e manipulación mediática.

Sempre en clave de humor, asistimos ao paso por prisión das célebres Amber Diáz e Emily Cooper, as encantadoras asasinas de Chicago que agora están aquí, brilando con luz propia, para tentar roubarnos o carazón.

Máis info sobre Atrezo Teatro, no seu perfil de Facebook » ligazón externa

Chicago killers. Atrezo Teatro


Cabecera-web-ecultura.png