| Sábado 5 de outubro. 2019
| Ás 21:30 h.
| Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Un espectáculo da compañía A Tequerreté para o público adulto, enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador, da FEGATEA, Federación Galega de Teatro Afeccionado.
Vincent, un corentón triunfador, e a súa muller, Anna, van ser pais por vez primeira. Para festexar o feliz acontecemento son convidados a cear na casa de Babou e Pierre, a súa irmá e cuñado. Tamén asistirá Claude, un amigo común da infancia. Mentres agardan a chegada da embarazada, Vincent, desvela cal é o nome elixido para o seu futuro fillo. O desafortunado da elección desencadea toda una restra de rifas, recriminacións e ataques mutuos que acaban por converter a cea nunha auténtica batalla campal. Todo baixo a indiscreta presenza de Marie, a veciña fisgona.