| Sábado 2 de marzo. 2024
| Ás 20:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
5 obras de microteatro para celebrar o 29º aniversario da compañía Fontevella Teatro
A compañía Fontevella Teatro representará 5 obras de microteatro baixo o título de “Pingas”. A función será no Centro Cultural Municipal e dará comezo ás 20:00 h. A entrada é libre e de balde ata completar prazas.
A vida é puro teatro
E se a túa vida sempre estivo dedicada o teatro, o mais lóxico e que a túa vida remate nun teatro.
Interpretación: Adriano Campos.
Que amor nin que amor… a conta bancaria!
El e todo un “donjuán” pero iso si, ten claras as prioridades: a conta bancaria.
Interpretación: Susana Leiro, Marisa Sueiro e Enrique González.
Eva ou Eva?
Tres seres traxicómicos que por un casual se atopan no mundo do teatro, e se permiten o luxo de soñar… cun sabor agridoce.
Interpretación: Valentina Boullosa, José Melón e Susana Leiro.
Uff… Unha experiencia relixiosa
É triste pero cos tempos que corren se os corenta e tantos queres vivir independente, non che queda outra que compartir piso. E claro, cando as relixións non coinciden, xurden problemas de convivencia.
Interpretación: Balbi Rodríguez e Marisa Sueiro.
Ela casou cun vello
Ben aclaremos que o vello ten moitos cartos e os pais de rapaza están moi satisfeitos co casamento da sua filla.
Interpretación: Amparo Tellado, Adriano Campos e Daniel Comesaña.
Textos e dirección: Chelo Pampillón
Técnico de luz e son: Andrés Tuñón
Deseño cartel: Lucía Jiménez