Teatro polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022. Obra: Golpes

| Xoves 24 de novembro. 2022
| Ás 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Teatro polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022. Obra: Golpes

Compañía aAntena | Concellería de Igualdade


Golpes, un monólogo teatral contra a violencia machista producida pola compañía galega aAntena, interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza escenificarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Esta actividade parte da Concellería de Igualdade e enxírese dentro da programación do Concello do Porriño vencellada coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a muller que se celebra internacionalmente o 25 de novembro.

Peza comprometida e de denuncia

Teatro polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022. Obra: Golpes

Con esta peza teatral, aAntena procura amosar dun xeito directo e fuxindo do tráxico como nas accións máis cotiás nace a desigualdade e chega á violencia machista. Con Golpes preténdese que o espectador e espectadora identifique todos e cada un dos comportamentos ou actitudes machistas propios e alleos e sexa consciente de canto traballo hai por facer aínda para chegar a conseguir un mundo igualitario.

Con esta peza, a compañía ten como obxectivo sementar unha visión dun “mundo mellor posible”, á vez que busca, a través do seu traballo, amosar o seu compromiso de inferir na sociedade cun espectáculo directo onde se amose dun xeito entretido a desigualdade latente, e a dor que causa unha lacra social como é a violencia machista.


Teatro polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022. Obra: Golpes


Concellería de Igualdade do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png