Teatro: Vivir con Huntington

| Domingo 8 de novembro. 2026
| Ás 19:00 h
| Centro Cultural de Atios » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: Vivir con Huntington

Compañía: O Trasno Teatro | Programa PonteEscena
Promoven: Deputación de Pontevedra e Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea)


Non a coñeces. Sabes de outras semellantes, pero desta non. É unha máis, que pode asustar, pero coñecela, saber das súas características, pode axudar moito a que desapareza. Acompáñanos nesta viaxe e, o que aprendas, espállao…


O Trasno Teatro

O Trasno Teatro foi fundado en 1980 baixo o nome de “Sociedad Teatral O Trasno” por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Comesaña en Vigo. Estivo funcionando dentro da súa escaseza de medios técnicos, económicos e formativos propios daquel momento, e aínda así chegou a actuar no emblemático teatro García Barbón coa obra “O pauto de San Formoso do Monte”.

Logo dun tempo fíxose cargo do mesmo Xaime Costas, quen xunto con integrantes do teatro escolar que dirixía e algunhas das persoas fundadoras, inician unha nova etapa que en 1988 coincide co cambio da denominación do Grupo á actual “O Trasno Teatro”.

Na súa nova andadura, O Trasno Teatro, formou parte, xunto con outros grupos, , da primeira Plataforma de Teatro Afeccionado de Vigo, PLATEA, experiencia da que naceu a arela dunha Federación Galega, que finalmente se materializou na constitución de FEGATEA, da que O Trasno foi grupo fundador no ano 2000.



Teatro: Vivir con Huntington