Tes Talento?. Inscricións

| Inscricións do 16 de agosto ao 12 de sembro (prazo ampliado). 2022
| Rexistro Xeral do Concello do Porriño

Concurso Tes Talento?

VOLVE “TES TALENTO?”

Grupos de música e solistas emerxentes terán unha nova oportunidade de promoción no Porriño: volve TES TALENTO?.

Como nas anteriores edicións, o certame busca descubrir novos talentos e promover aos/as músicos/as emerxentes da contorna. Así, tras anos sen convocarse, o novo executivo decidiu recuperalo atendendo á demanda da veciñanza.

A inscrición abrirase o día 16 de agosto e rematará o día 12 de sembro (prazo ampliado), de luns a venres en horario de 9 a 14 h nas dependencias do rexistro do Concello do Porriño.

Haberá dúas modalidades, infantil e adultos. En ambas poderán presentarse grupos ata un máximo de catro compoñentes e o tempo de actuación será de tres minutos como máximo.

Un xurado formado polo concelleiro de Festexos, tres especialistas no campo artístico musical e unha persoa funcionaria do Departamento de Cultura e Festexos que designe o Concello, será o encargado de outorgar os premios.

O gañador desta edición farase con 400 euros e a gravación dun tema ou vídeo promocional, o segundo cun premio de 250 euros e o terceiro cun premio de 150 euros. Para os tres finalistas infantís, un lote de produtos escolares e trofeo.

A fase preliminar (audicións pechadas ao público) celebrarase o día 3 de setembro. As/os seleccionadas/os disputarán as semifinais, que terán lugar o día 18 de setembro para a categoría infantil (menores de 16 anos) e os días 27 e 29 de setembro para adultos (de 16 anos en diante).

A gran final, na que se decidirán aos/as gañadores/as, terá lugar o día 2 de outubro.


DESCARGA DE DOCUMENTOS DE PARTICIPACIÓN


Tes Talento?. Inscricións


Cabecera-web-ecultura.png