ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa
| Domingo 2 de marzo. 2025
| Trofeo de Baile Deportivo: a partir das 9:00 h
| Galicia Dance Tour: a partir das 15:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada: 10 euros

Organiza: Club de Baile Deportivo Pasos-Baile Galicia
O domingo 2 de marzo, ás 9:00 h, O Porriño acollerá un Trofeo de Baile Deportivo no Pavillón Deportivo Municipal.
Xa pola tarde, O Porriño será o escenario, o domingo 2 de marzo, da primeira proba da Liga Galega Xunta de Galicia de Hip Hop. Se o pasado ano a vila do Louro fora a elixida para albergar a final, nesta ocasión o é para iniciar este circuíto de competición.
O Pavillón Deportivo Municipal do Porriño acollerá, en horario de 14:00 a 20:00 h, a preto de 600 deportistas procedentes de todo o territorio galego. Estableceranse tres categorías: grupos, parellas e individual, e dentro de cada unha delas diferentes niveis en función da idade, abranguendo dende os Baby (menores nados entre os anos 2016 e 2021) a Premium (deportistas nados en 1995 e anos anteriores).
O prezo da entrada é de 10 euros.
Trala cita do vindeiro domingo, no Porriño, os participantes teñen por diante outras catro para seguir sumando puntos:
- 22 de marzo en Fene
- 10 e 11 de maio en Narón
- 8 de xuño en Lugo
- 22 de xuño en Vigo


