Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo “A Nocturna 2026”

| Sábado 12 de setembro. 2026
| A partir das 16:00 h
| Rúas da vila
| Inscrición previa ata o 9 de setembro, ás 23:59 h

Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo “A Nocturna 2026”

Organiza: Club Máster da Louriña | Colabora: Concello do Porriño


Proba ciclista que abarca todas as categorías, “A Nocturna”, correrase polas rúas do Porriño o sábado 12 de setembro a partir das 16 horas.

O Club Master Louriña organiza esta proba de circuito ao estilo americano, na que se eliminan corredores/as en cada volta ata que se coñece ao vencedor/a.

A inscrición da carreira é gratuita e o prazo acaba o 9 de setembro ás 23:59 h, pero os interesados aínda se poderán anotar ata o día 10, ás 15:00 h pagando unha pequena penalización.


Botón + info



Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo “A Nocturna 2026”