Un Conto de Nadal, coa Orquestra Ocaband

| Venres 6 de xaneiro. 2023
| Ás 19:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes (pista 2) » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Un Conto de Nadal, coa Orquestra Ocaband

A Orquestra Oca Band, se reinventa unha vez máis creando o espectáculo ‘Un conto de Nadal’, especial para estas datas festivas. O show será conducido por Manquiña e Pepo Suevos, que tamén cantarán.


Orquestra Oca Band

Un Conto de Nadal, coa Orquestra Ocaband

La Oca foi un grupo musical de verbena fundado no ano 1991 en Vilalonga (Sanxenxo), que se disolveu no ano 2015 despois de 25 temporadas ininterrumpidas de maneira profesional para reconvertirse en orquesta coa incorporación dun trío de metais pasando a chamarse Orquestra La Ocaband.

Esta formación sempre se distinguiu por apostar, tanto nos seus directos como nas súas aparicións nos medios audiovisuales, por cancións con arranxos propios e no noso idioma galego, así como tamén por cancións e adaptacións propias, creando desde os seus inicios, unha maneira especial de conectar co público, sendo pioneira, en modos e formas que se foron normalizando ao longo do tempo no resto das formacións de verbena en Galicia. A forte aposta por esa conexión co público e unha forte determinación logrando que éste interactuara coa formación en cada show van creando unha identidade propia e vai contribuír a aparición do fenómeno “fan” dentro do sector da Festa Popular Galega, (foi unha das primeiras agrupacións galegas con merchandising propio, con seguidores recorrendo a xeografía galega durante as xiras de verán nos anos 90), a vez que se converte en todo un referente das orquestras galegas.


Un Conto de Nadal, coa Orquestra Ocaband


Cabecera-web-ecultura.png