| Prazo de participación: dende o día 5 ao 26 de decembro de 2025
| Entrega de premios: venres 2 de xaneiro de 2026, ás 17:00 h
| Caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño » ver mapa

Organiza: Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Porriño
A Concellería de Educación e Normalización Lingüística coa OMIX do Concello do Porriño, convocan o V Concurso Infantil de Postais de Nadal.
As presentes bases rexerán a participación e concesión de premios para as persoas que se presenten ao V Concurso Infantil de Postais de Nadal do Porriño.
Descrición
- As persoas participantes crearán unha postal coa temática do Nadal para felicitarlle as festas a toda a veciñanza do Porriño.
- Para decorar a postal pódese empregar calquera técnica creativa utilizando ceras, acuarelas, colaxe, carbón, elementos vexetais ou calquera outra técnica creativa (agás purpurina).
- A postal deberá incluír necesariamente unha mensaxe en lingua galega coa que se feliciten as festas do Nadal. Valorarase, de xeito especial, o xogo coa lingua galega, sexa mediante rimas, cantigas (tradicionais ou inventadas), refráns ou frases feitas asociadas a esta época do ano.
- O tamaño máximo da postal será o A5 (tamaño cuartilla ou medio folio), en formato papel, cartón, cartolina ou outros materiais similares, que cumpran sempre co tamaño predefinido.
- Na parte posterior da postal figurará o nome da/do participante e a súa idade.
Persoas participantes
- Poderán participar nenas e nenos de 3 a 14 anos.
- Cada participante só poderá presentar unha postal.
- As obras serán, necesariamente, orixinais e inéditas.
- O Concello do Porriño reserva o dereito de non publicar aquelas postais que considere que atentan contra a legalidade ou a dignidade das persoas e/ou institucións.
Entrega de postais
-
As postais poderanse entregar dende o día 5 ao 26 de decembro de 2025.
-
Depositaranse, dentro dun sobre pechado, na caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño, situada no frontal exterior do Centro Cultural Municipal ou en man no 1º andar da Biblioteca.
-
Todas as postais serán expostas ao público no Centro Cultural Municipal e nas redes sociais do Concello durante as festas de Nadal. O Concello do Porriño non se fai cargo de posibles subtraccións destas.
Premios
Establécense 3 categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en diferentes lotes de material escolar:
- Participantes de 3 a 6 anos
- Participantes de 7 a 11 anos
- Participantes de 12 a 14 anos
A relación de persoas premiadas colgarase a derradeira semana do ano no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Municipal, e noutras redes sociais do Concello.
A entrega de premios será o venres 2 de xaneiro de 2026 ás 17 horas no salón de plenos do Concello do Porriño.
Xurado
O xurado estará constituído por un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, e composto por unha serie de membros en número impar.
Valorarase a técnica creativa, o uso da lingua galega e a composición xeral da postal, de acordo cos criterios apropiados a cada grupo de idade.
Aceptación das bases
- A participación neste concurso supón a total aceptación das presentes bases e a autorización ao Concello do Porriño para a difusión e uso das postais a través das redes sociais, páxina web e demais medios de difusión.
- O incumprimento de calquera das cláusulas destas bases dará lugar á perda do dereito de optar aos premios de participación.
- As presentes bases exporanse no taboleiro de anuncios do Concello do Porriño e nas redes sociais desta Administración.


