V CX Pan de Zarco – Gran Premio Vila do Porriño de Ciclocross

| Domingo 8 de novembro. 2026
| Ás 10:00 h
| Polígono Industrial de Cataboi » ver mapa

V CX Pan de Zarco – Gran Premio Vila do Porriño de Ciclocross

Organizan: Grupeta Pan de Zarko e Concello do Porriño


O domingo 8 de novembro, O Porriño converterase nun punto de encontro para os amantes do ciclismo coa celebración da V CX Pan de Zarco – Gran Premio Vila do Porriño de Ciclocross, unha proba incluída no calendario do Superprestixio de Ciclocross 2026-2027.

A competición, organizada pola Grupeta Pan de Zarko e o Concello do Porriño, terá lugar no polígono industrial de Cataboi a partir das 10:00 horas, reunindo ciclistas de diferentes categorías nunha xornada marcada pola emoción, a resistencia e a espectacularidade desta disciplina deportiva.

O circuíto ofrecerá un percorrido esixente, con desniveis, obstáculos e tramos técnicos nos que os participantes deberán demostrar a súa habilidade e destreza sobre a bicicleta. A proba contará con categorías masculinas e femininas, desde infantís e cadetes ata júnior, sub-23, elite e máster, cun límite máximo de 500 participantes.

As persoas interesadas en participar deberán estar federadas e formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo. O prazo ordinario permanecerá aberto ata o mércores 4 de novembro ás 23:59 horas, cun custo de inscrición de 10 euros. De maneira extraordinaria, admitiranse inscricións fóra de prazo ata o xoves 5 de novembro ás 15:00 horas, coas recargas establecidas pola normativa federativa.



V Trofeo Vila do Porriño de Ciclocross Grupeta Pan de Zarko