| Sábado 11 de xuño. 2022
| A partir das 10:30 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa
| Organiza: Concello do Porriño e Asociación de Panadeiros do Porriño
Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan”
Amasado, formado, roxado, repousado… Poucas cousas son tan nosas coma o Pan do Porriño. O 11 de xuño O Porriño convértese na capital galega do Pan. Ven ao barrio de San Bieito e saborea… xantar, música e sobre todo, a tradición e os produtos das nosas panadarías artesáns. Ven a saborear a tradición, ven a V Feira do Pan do Porriño.
Cabe destacar que este ano, en lugar dos postos por panadería, habilitarase un só stand de todos os panadeiros do Porriño onde poderemos adquirir os seus produtos.
Programa
- Ás 10:30 h > Arranque, amenizado por grupo de gaitas
- Ás 11:00 h > Inauguración oficial: pregón a cargo de Diego Giráldez
- Ás 11:30 h > Show Cooking con Pan do Porriño (Efa Cancela)
- Ás 12:45 h > Sesión vermú, amenizada por grupo de gaitas
- Ás 13:30 h > Degustación de pinchos con Pan do Porriño, a cargo de Ahospor (Segredos Gastro Bar)
- Ás 17:30 h > Mini Pan: facendo pan cos máis novos
- Ás 19:00 h > Historias do Pan do Porriño, pasado e presente, co historiador Quico Paz Antón e Panadeiros do Porriño
- Ás 20:00 h > Degustación de embutidos e queixos do país con Pan do Porriño, a cargo de Embutidos Distapor
- Ás 20:00 h > Concerto: Argonat Band
- Ás 20:45 h > Concerto: KAF
- Ás 21:45 h > Concerto: Tony Lomba
- Ás 23:00 h > Clausura da Festa