EVENTO ACTUALIZADO
| Sábado 15 de xuño. 2024
| Saída desde a rúa Doantes de Sangue » ver mapa
Organizan: Club de Clásicos e Populares Val Miñor en colaboración con The White Clover
O vindeiro sábado 15 de xuño, o Club de Clásicos e Populares Val Miñor organiza a quintaedición da procura do tesouro en colaboración con The White Clover.
Os equipos, formados por un condutor e un acompañante, recibirán un libro do roteiro, no cal estará reflectido o percorrido que deben realizar para localizar os puntos nos cales se atoparán as diferentes probas que deben realizar. Esta procura do tesouro percorrerá varios municipios.
Os participantes deberán percorrer 100 quilómetros por unha percorrido sorpresa, o cal descubrirán cando teñan na súa man o libro de roteiro. 100 quilómetros que se iniciarán na rúa Doantes de Sangue, do Porriño, e finalizará no restaurante Manolo, onde gozarán dunha cea, que vai incluída no prezo da inscrición.
Todos aqueles propietarios de vehículos maiores de trinta anos poderán gozar desta experiencia realizando a súa inscrición a través da seguinte ligazón: [ inscricións » ligazón externa ]. Terá que ser antes do 8 de xuño e podendo aclarar calquera dúbida que lles xurda a través do teléfono: 688 841 410.
A inscrición, que ten un custo de 65 euros por parella inclúe, ademais da participación na procura do tesouro, un avituallamiento nun dos puntos que deberán descubrir e a cea.