Venres Máxico: Pablo Superstar Cool

| Venres 5 de abril. 2019
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Pablo Muñoz. Super Star Cool

Despois do éxito de Pablo Superstar ‘A historia máis grande xamais contada’ chega: Pablo Superstar Cool. Ofreceranos unha lección maxistral de como debe comportarse un ‘Superstar’ no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Esta vez enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e até situacións de escapismo imposible. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións imposibles de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Con esta combinación de elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público ha pasalo en grande.



Pablo Muñoz. Super Star Cool


Cabecera-web-ecultura.png