| Mércores 19 de agosto. 2026
| De 12:30 a 13:30 h
| Salón de Plenos Municipal » ver mapa
| Require inscrición

Unha iniciativa estacional promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
O Concello do Porriño acolle a campaña “Veráns de Lecer Consumo”, organizada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que se celebrará o mércores 19 de agosto. O proxecto busca traballar o concepto de lecer responsable mediante accións lúdicas, participativas e pedagóxicas que fomentan a aprendizaxe colaborativa.
A charla participativa “Este verán coñece os teus dereitos como persoa consumidora”, está orientada a público a partir dos 13 anos. Unha sesión aberta e dinámica enfocada en dar a coñecer os dereitos clave do consumidor, con especial atención ás situacións habituais da época de verán.
Para inscribirte, envía un correo cos teus datos a: actividades@oporrino.org

