| Mércores 11 de xullo. 2018
| Ás 21:00 h.
| Barrio de San Benito » ver mapa
Dentro da programación das Festas de San Benito 2018.
Platinum nace da necesidade intrínseca de todo músico: facer que a xente gozar da música. Formada en Sta. Uxía de Ribeira en 2016, conta coa que quizá sexa a dianteira máis nova da verbena galega. Pero isto non supón un detrimento na calidade do espectáculo, pois os seus integrantes están formados en diferentes escolas e conservatorios de Galicia e contan con anos de experiencia en diversas orquestras e formacións.
O seu directo está moi marcado pola variedade de estilos: cumbias, merengues, pasodobres ou bachatas, e estilos máis actuais de electrolatino ou rock.