Verbena: Grupo Assia / Orquestra Panorama

| Luns 23 de setembro. 2024
| A partir das 22:00 h
| Praza Central (Grupo Assia) / Rúa Domingo Bueno (Orquestra Panorama)

Verbena: Grupo Assia / Orquestra Panorama

Orquestra Panorama

A orquestra Panorama naceu o 25 de decembro de 1988 actuando no Rosal. O seu nome débese a un programa da TVG que existía por aquelas datas. Na súa primeira actuación, pintaron o logotipo da orquestra nun pano que foi secando durante o transcurso do concerto. Nesa época comezou con oito integrantes masculinos, cunha furgoneta e cun equipo de son de 500 watts.

Nos seus inicios, este grupo musical tocaba cumbias, pasodobres, rancheiras, merengues e rumbas. Estaba dirixido a un público maior e tradicional. Na actualidade, con Lito Garrido como director, revolucionou o ambiente musical das verbenas innovando cos éxitos musicais máis actuais, introducindo novos estilos e cancións do verán, así como actuacións novas con performance, acróbatas, disfraces, técnicas punteiras en luz e son… Con isto conseguiu atraer a un público novo e introducilos na cultura das verbenas.

O show musical vai acompañado dun espectáculo de luz e son, con pantallas led, robots de luz e potencia de son. O cambio foi tal que comezou cunha soa furgoneta onde viaxaban todos os músicos e instrumentos, e agora conta con 4 tráileres para o escenario, montaxe, material audiovisual, vestiario e instrumentos e un autobús para os músicos.

O grupo ten un público novo que o segue, con club de fans e diversos produtos de merchandising.

A orquestra participou desde 2008 en sete galas contra o cancro nos concellos de Cambados, Ordes, Villagarcía de Arousa e León coa colaboración de Merche, David Bisbal, Mónica Naranjo e Carlos Baute, entre outros.

A día de hoxe realizan pequenas xiras por toda España e é considerada socialmente una das mellores orquestras de todo o país dentro do mundo do espectáculo da verbena. O seu éxito en Galicia levounos a actuar en Valencia, Barcelona, Madrid, León ou Asturias.


Grupo Assia

Entre 1991 e 1994, Fran Álvarez, José Fermín, Luismi Fernández e Javi Rubio búscanse sen sabelo. A pesar de que quizais xa se coñezan, aínda non saben que comparten un mesmo horizonte musical. Fran une ao grupo, José achega a dimensión financeira, e Javi e Luismi contribúen cos seus talentos. Co tempo, súmanse Suso Díaz, Luís Geovanni e Manolo Asturcón, e o proxecto comeza a tomar forma.

O grupo, cunha formación atípica e un repertorio que desafía o comercial, arrinca e evoluciona con cambios na súa estrutura e equipo técnico. A xente comeza a valorar a súa enerxía en directo, e o proxecto segue crecendo coa incorporación dun escenario móbil. Os cambios na formación son continuos, pero o espírito de Assia mantense, sempre fiel á súa esencia musical e priorizando a calidade sobre o espectáculo. A tempada 23 trae novos retos e a incorporación de Iván Rodríguez, un músico con gran talento, reafirmando o compromiso do grupo coa música.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png