Verbena: orquestra Gran Parada e orquestra Ritmo Joven

| Domingo 24 de setembro. 2023
| Ás 22:00 h
| Praza Central e praza Arquitecto Antonio Palacios 

Verbena: orquestra Gran Parada e orquestra Ritmo Joven


Orquestra Gran Parada

Orquestra Gran Parada

En 1962 uns músicos procedentes da orquestra “Gran Peña” tomaron a decisión de crear a súa propia formación. Os integrantes desta nova formación decidiron coller o nome dun programa de televisión, que por eses anos tiña unha gran fama, chamado Gran Parada e adicado en gran parte á música.

O longo destes máis de cincuenta anos a Orquestra Gran Parada foise facendo un oco dentro das grandes formacións galegas grazas o esforzo e bo facer de tódolos músicos que pertenceron a esta formación. Ademáis de ter no seu repertorio a mellor música de baile posible e tamén os temas máis actuais.



Orquestra Ritmo Joven

Orquestra Ritmo Joven

A Orquestra Ritmo Joven comezou a súa andaina no 1986 é apostou desde os seus inicios por ofrecer ao público un amplo repertorio, baseado na variedade e a calidade. Hoxe é unha formación consolidada no panorama da verbena galega.



Verbena: orquestra Gran Parada e orquestra Ritmo Joven


Cabecera-web-ecultura.png