VI Challenge Rías Baixas

| Días 7 e 8 de maio. 2022 (Domingo 8 de maio > 3ª etapa: Gran premio do Porriño)
| Ás 10:30 h
| Saída e chegada na rúa Domingo Bueno

VI Challenge Rías Baixas. Concello do Porriño

Concellería de Deportes


A proba, organizada polo club ciclista Máster da Louriña disputarase no Porriño, Mos e Ponteareas os días 7 e 8 de maio. A sexta edición da Challenge As Rías Baixas reunirá esta fin de semana a 200 ciclistas para disputar as súas tres etapas.


VI Challenge As Rías Baixas está reservada para as categorías masculinas M30, M40, M50, M60 e femininas ELITE-SUB23, M30 e M40, así como xuvenís.

1º ETAPA “GRAN PREMIO DE MOS”: etapa en liña de 6 km. neutralizada + 83 de carreira, desnivel acumulado 800 m.

2º ETAPA “GRAN PREMIO CONCELLO DE PONTEAREAS”: contrarreloxo de 5 km., desnivel acumulado 40 m.

3º ETAPA “GRAN PREMIO DO PORRIÑO”, etapa en liña de 14.4 km. de neutralizado + 85 km. de carreira, 973 m. de desnivel acumulado.


Inscricións e clasificación xeral

A proba rexerase por unha clasificación por tempos, onde o vencedor de cada categoría é o que menor tempo obteña nas 3 etapas.

O número de participantes está limitado a un máximo de 200 corredores (federados). Para a categoría master resérvanse 170 prazas cun custo de 15 euros por etapa sendo 45 o total das 3 etapas. Terán preferencia na reserva de prazas, a hora da inscrición e o numero de etapas a disputar, dando prioridade aos corredores que corren 3 etapas, logo 2 etapas e finalmente 1 etapa. Para a categoría feminina se reservan as 25 primeiras prazas e para os juniors outras 25 prazas a custo 0 €. Os corredores que queden fose da lista devolveránselle o 100% do ingresado. A inscrición é a través da páxina da pasarela da federación galega de ciclismo.


Identificacións dos corredores

Cada participante recibirá coa inscrición, 2 dorsais, un tríptico coa información do rutómetro e un dorsal de plástico de identificación na bicicleta.

É obrigatorio o uso dos 2 dorsais e a identificación da bicicleta en cada etapa en liña. Unha vez finalizado o evento devolverase coa devolución dos 2 dorsais.


Categoría feminina

Na 1º etapa toda a categoría feminina sairá cun adianto de 15 minutos ao pelotón e incorporásese á carreira no punto km. 4.5 de carreira (farmacia de Mosende), á altura do coche apertura da organización.


Oficina permanente

Abrirase a oficina permanente 2 horas antes da saída de cada proba nos locais próximos debidamente habilitados e sinalizados.


Composición e clasificación por equipos

Non existe límite máximo de corredores por club. Para poder contar con vehículo de apoio de equipo son necesarios un mínimo de 3 corredores
A clasificación por equipos, consta da suma dos 3 primeiros de cada equipo en cada etapa. En caso de empate, resolverase a favor do que obtivese mais primeiros postos na clasificación diaria por equipos.


Radio volta

A información da carreira emitirase nunha frecuencia nas emisoras facilitadas pola organización.


Xeral Premio da montaña, meta volante e sprint especial

Obterase pola suma dos puntos conseguidos por cada corredor nos pasos puntuables. En caso de empate resolverase a favor de quen conseguise mais primeiros postos nos pasos puntuables. De seguir empatados será a clasificación xeral quen determine ao gañador.

Os puntos conseguidos en cada paso puntuable son:
Posto Puntos > 1ª 3 – 2ª 2 -3ª 3


Protocolo

Ao final de cada etapa os corredores deben presentarse en pódium con vestimenta de competición para a cerimonia protocolaria.


Protocolo anticovid-19

Será de obrigado cumprimento toda a normativa sanitaria estipulada pola federación e o club organizador vixente o día da proba.


Premios

  1. Un trofeo aos 3 mellores clasificados de cada categoría en cada etapa coa súa correspondente camisola de líder.
  2. Un trofeo artesanal ao gañador de cada gran premio en cada etapa co seu ramo de flores.
  3. Un trofeo + camisola aos gañadores dos premios MV SE PM e Combinada de cada etapa.
  4. Un trofeo aos gañadores por equipos en cada etapa.
  5. 3 trofeos e maillot aos 3 finalistas da xeral de cada categoría.
  6. 1 trofeos aos 3 primeiros equipos da xeral.
  7. Un trofeo e maillot aos líderes da xeral dos premios MV ES e PM
  8. Trofeo e maillot exclusivo ao gañador da xeral

Penalizacións

Aplicarase o baremo de sancións da RFEC. Todos os casos non previstos no presente regulamento serán resoltos polo regulamento UCI.


VI Challenge Rías Baixas. Concello do Porriño

VI Challenge Rías Baixas. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png