VII Montando Cristo Festival

ACTUALIZACIÓN: aprazado por previsión meteorolóxica adversa

| Proximamente comunicarase nova data
Sábado 25 de setembro
. 2021
Ás 22:00 18:00 h.
Carpa do Roxy AAVV San Salvador de Torneiros » ver mapa
| Prazas limitadas con inscrición previa

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa séptima edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!

Aphonnic + Zona Zero + Jay Doe & The Blues Preachers + No One Alive


INSCRICIÓNS PARA A ASISTENCIA

As persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo montandocristo@gmail.com indicando no asunto “Inscrición MCF” e detallando o nome, apelidos e teléfono de contacto das persoas asistentes.

Inscricións ata o 23 de setembro



Aphonnic

Aphonnic. VII Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

“A Raíña” é o sexto disco editado polos Vigueses Aphonnic, un disco coidado ao milímetro con 11 cancións de calado emocional, letras punzantes e melodías incribles. Disco producido polo portugués Vasco Ramos partícipe tamén dos seus dous discos anteriores “Indomables y Héroes”.

Este novo traballo está gravado entre os estudos Mafia Records en Carballiño por Óscar Fernández e os Poison Apple Studios en Lisboa por Tiago Canadas. Estas 11 cancións foron mesturadas por David Bendeth artífice de discos como “Sempiternal” de Bring Me the Horizon ou o mismísimo “Riot” do grupo Paramore. O máster foi obra do Sr Ted Jensen, coñecido por realizar traballos de grandes grupos como Bring Me the Horizon, Korn, Parkway Drive, Machine Head, Biffy Clyro e un longo etc.

Desde o seu último lanzamento “Indomables” o grupo puido levar a súa música a grandes festivais deste país como o Resurrection Fest, Viñarock, Download, Zlive, Shikillo Fest, IruñaRock, etc. así como a moitas cidades da península deixando sempre un gran sabor de boca cun directo impecable.

“A Raíña” posúe enormes cancións que unha vez escoitadas calarán como o fume na roupa, ou como ben din eles, “faremos noite en todas as vosas cimas” melodías que tararear durante moito tempo polas vosas cabezas. 11 temas que non pasarán desapercibidos xa que brillan con luz propia.

Este traballo supón subir un novo banzo máis no underground deste país, aínda así como sempre foi… o pobo ten a última palabra.




Zona Zero

Zona Zero. VII Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Zonazero nace en Vigo no ano 2000, no 2002 deron o seu primeiro concerto no Hangar 77 Vigo, A partir de aí comezarons a súa viaxe a través de toda Galiza, compartindo escenario con bandas como Barón Rojo, Los Suaves, etc… en 2007 reciben o premio de mellor directo no Maketon Estrella Galicia.

Naquel momento sufriron unha pausa de cinco anos por un accidente moi grave que tivo o seu exvocalista Cesar, que estivo a piques de morrer debido a un accidente de moto e nese momento, no ano 2015, compuxeron o álbum “La Ira de los Mansos“, publicado por Maldito Records no ano 2016, producido por Zoilo Unreal e José Barros.

A principios de 2020 Cesar decide deixar a banda e conseguen a sinatura de David Rollano, exvocalista da banda El Cubo, de Porriño. Durante a pandemia e o confinamento, foron ensaiando e preparando o que será o seu próximo disco a partir do cal xa lanzaron o primeiro single, “Que se pare el Mundo”.




Jay Doe & The Blues Preachers

Jay Doe & The Blues Preachers. VII Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Javier Casal, en agosto de 2015, deixa fuxir o seu “alter Ego” máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Red, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoos con temas máis populares de Clapton ou os Stones, sempre en torno ao Blues, Rithm e blues, country e mergullandose cos estilos do swing e do jazz. . En 2016 lanzou o seu primeiro disco acompañado dos músicos que agora compoñen a súa banda titulada “Me & The Blues”. É agora no 2018 cando reúne ós Blues Preachers, músicos con ampla experiencia para tocar en directo. A formación é a seguinte:

  • Jay Doe: rit guitar e voz
  • Lucas Fernandez: guitarra solista
  • Alexandre Carrero: baixo
  • Manu Ares: batería

Todos os seus compoñentes teñen un fondo musical moi extenso, tocando toda a xeografía galega e española, tamén no país veciño Portugal. Forman parte de varias formacións, polo que soan bandas como Dr. Hello, MissinBlues, Best Boy, Cool Funeral, Delta Blues Duo, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Crest, The Bluesfellas, Monk Blues Band. Jay Doe & The Blues Preachers únense para interpretar o blues e o rithm & blues de raíces afroamericanas, desde clásicos do blues ata composicións propias.




No One Alive

No One Alive. VII Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Creada en 2016 pero sen formación fixa ata 2018, “No One Alive” é unha banda de metal da zona de Vigo e arredores.

A banda nace da unión de varios músicos da escena local tras a disolución das súas respectivas bandas (Leyendas, Soulgama, Ulf, Dharma), que unen as súas diferentes influencias para intentar satisfacer as súas diversas inquedanzas artísticas.

Sen influencias definidas, a idea principal do grupo é, na súa raíz, recrear unha viaxe ao Western máis escuro e cruento. Para iso, fusionan o metal máis clásico con acordes máis potentes e modernos, facendo un guiño ao Country, ao R & Blues, ao Southern Rock ou ao Stoner.
Esta unión conduce a un metal fresco e sen lazos que non deixa indiferente a ninguén.



VII Montando Cristo Festival. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png