Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño

Actualización: nova localización e horario

| Luns 5 de xaneiro. 2026
| De 17:00 a 20:00 h Ás 18:00 h
| Comitiva Real polo centro urbano e recepción na Praza Arquitecto Antonio Palacios Carpa do Nadal (praza do Cristo)

Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaran ás nenas e nenos do Porriño horas antes da máxica noite de Reis. As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán á Vila do Louro o vindeiro 5 de xaneiro. Trasladouse a recepción á carpa da praza do Cristo, garantindo así que toda a cativada poida disfrutar con tranquilidade de tan esperado encontro. A Comitiva Real, presidida polos Reis Magos, percorrerá as rúas da vila e logo recibirá ás/aos pequenas/os para recoller as súas cartas e facer realidade os seus soños.


RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE

  1. Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
  2. Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
  3. Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento, así que é mellor non deixar que as crianzas se acheguen a elas.
  4. É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
  5. Non distraer aos conductores que levan os vehículos da Cabalgata.
  6. Non perder de vista ás crianzas. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
  7. É recomendable que as crianzas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden.
  8. Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

PERCORRIDO DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE
VENRES 5 DE XANEIRO DE 2026



Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño


Cabecera-web-ecultura.png