Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño

| Domingo 5 de xaneiro. 2025
| A partir das 17:00 h
| Comitiva Real polo centro urbano e recepción no Pavillón Municipal dos Deportes

Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño

A choiva non impedirá que Melchor, Gaspar e Baltasar visiten ás nenas e nenos do Porriño horas antes da máxica noite de Reis. Como estaba previsto, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán á Vila do Louro o vindeiro 5 de xaneiro. Con todo, debido ás previsións de choiva, decidiuse trasladar a recepción ao pavillón municipal (pista principal), garantizando así que toda a cativada poida disfrutar con tranquilidade de tan esperado encontro.

Aínda que non se poderá levar a cabo a tradicional cabalgata, a comitiva real, presidida polos Reis Magos, estará esperando ás/aos pequenas/os para recibir as súas cartas e facer realidade os seus soños. A recepción comezará ás 17:00 h coa actuación das tres rondallas locais: a Rondalla de Pontellas, a Rondalla Santa Eulalia de Atios e a Rondalla Santa María do Porriño, que coa súa música amenizarán a espera. A comitiva real, composta por 120 persoas, acompañará a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa chegada ao pavillón no Tren do Nadal.



Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Porriño


Cabecera-web-ecultura.png