Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Nadal 2021

ACTUALIZACIÓN

| Martes 4 de xaneiro, a partir das 16:30 h, visita ás parroquias do Porriño
| Mércores 5 de xaneiro, de 17:00 16:30 a 20:00 h, rúas do Porriño e recepción no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán O Porriño para saudar ás nenas e nenos:

  • O martes 4 de xaneiro, a partir das 16:30 h, visitarán as parroquias do Porriño.
  • O mércores 5 de xaneiro, os Reis Magos sairán en vehículos abertos dende o Pavillón de Deportes ás 16:30 horas para saudar aos nenos e nenas polo centro urbano co seguinte percorrido:
    Doantes de Sangue, Fernández Areal, Doutor Paz Varela, Pinar, Codesal, Cruceiro, Antonio Palacios, rotonda do Canteiro, avenida Galicia, rotonda de Mos, Ramiranes, Ramón Gónzalez, Praza do Concello, Antonio Palacios, Domingo Bueno, Pio XII, Manuel Rodríguez, praza de San Sebastián, rúa San Sebastián, de novo, rúas Manuel Rodríguez e Domingo Bueno para rematar no Centro Cultural Municipal.
    Tamén o mércores, sobre as 17.30 horas as Súas Maxestades de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas que se acheguen ao auditorio exterior ao aire libre do Centro Cultural Municipal, onde se instalará unha carpa como xa aconteceu en 2021. A recepción durará ata as 20 horas.

Percorrido das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente
Mércores 5 de Xaneiro

Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente
Click para ampliar imaxe

Visita das Súas Maxestados os Reis Magos de Oriente. Nadal 2021


Cabecera-web-ecultura.png