| Martes 23 de decembro. 2025
| Ás 17:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Desde o lugar máis escondido de O Courel chega o xigante do Apalpador, será o martes 23 de decembro ás 17:00 h, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
O xigante Apalpador vai recorrendo as rúas con música de Nadal. Cando fai unha parada nalgunha praza, nas costas do xigante aparecen diferentes escenas. Xente cantando panxoliñas… pero hai alguén que non lle gusta o Nadal, terán que convencelo para que goce estas datas especiais.
