| Días 16, 17 e 18 de decembro. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellerías de Educación e Cultura, e OMIX do Porriño
Se hai unha festa que nas nosas escolas se celebra con especial cariño é, sen dúbida, o Nadal. O alumnado que cursa ensinanzas de Educación Infantil e Primaria do Porriño recibirá a visita dos axudantes de Papá Noel os días 16, 17 e 18 de decembro, grazas á iniciativa das concellerías de Educación, Cultura e OMIX do Porriño.
Estes axudantes comezarán a súa andaina o luns día 16 nos centros CEIPP Antonio Palacios, CPR Santo Tomás e CPR Hnos. Quiroga, nos que visitarán as/os máis pequenas/os. O martes 17 retomarán a súa actividade nos colexios CEIPP de Atios, EI de Mosende e Aceesca e mércores 18 concluirán as súas visitas nos centros CEIP Cruz Budiño, CEIP da Ribeira e CEIP Fernández López.
Realizarán unha visita por cada un dos nosos colexios para saudar os grupos escolares e interactuar con eles (arredor de 1060 alumnos/as), ademais de recibir todos os desexos e ilusións das/dos máis pequenas/os, para estas datas sinaladas tan especiais.