Visita dos axudantes de Papá Noel aos centros educativos

| Días 17, 18 e 19 de decembro. 2025
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Visita dos axudantes de Papá Noel aos centros educativos

Organizan: Concellerías de Educación e Cultura, e OMIX do Porriño


Se hai unha festa que nas nosas escolas se celebra con especial cariño é, sen dúbida, o Nadal. O alumnado que cursa ensinanzas de Educación Infantil e Primaria do Porriño recibirá a visita dos axudantes de Papá Noel os días 17, 18 e 19 de decembro, grazas á iniciativa das concellerías de Educación, Cultura e OMIX do Porriño.

Estes axudantes comezarán a súa andaina o mércores día 17 nos centros CEIPP Antonio Palacios, CPR Santo Tomás e CPR Hnos. Quiroga, nos que visitarán as/os máis pequenas/os. O xoves 18 retomarán a súa actividade nos colexios CEIPP de Atios, CEIP da Ribeira e Aceesca e o venres 19 concluirán as súas visitas nos centros CEIP Cruz Budiño, EI de Mosende e CEIP Fernández López.

Realizarán unha visita por cada un dos nosos colexios para saudar os grupos escolares e interactuar con eles (arredor de 1046 alumnos/as), ademais de recibir todos os desexos e ilusións das/dos máis pequenas/os, para estas datas sinaladas tan especiais.

A concelleira de Educación detallou que “Esta actividade busca fomentar valores como a solidariedade, a ilusión, a maxia e a convivencia, convertendo o centro educativo nun lugar cheo de fantasía e soños por cumprir. 9 son os centros educativos que, durante as datas do 17 de decembro ata o 19 do mesmo mes, recibirán nas súas aulas esta visita tan especial por cuarto ano consecutivo”.



Cabecera-web-ecultura.png