Visita escolar ao Minergal

| Novembro e decembro de 2023 e xaneiro do 2024
| Museo de Minerais de Galicia (MINERGAL) » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Visita escolar ao Minergal

Organizan: Concellería de Educación, a OMIX do Porriño e o Museo de Minerais de Galicia (MINERGAL)


A Concellería de Educación, a OMIX do Porriño e o Museo de Minerais de Galicia (MINERGAL) organizan conxuntamente durante os meses de novembro e decembro de 2023 e xaneiro do 2024, un total de 8 visitas para os centros escolares do municipio, nas que participarán ao redor de 200 alumnos/as dos ciclos de 4º de Educación Primaria e 1º de Bacharelato.

Estas visitas teñen a finalidade de que o alumnado participante coñeza a importancia das rochas e dos minerais que nos rodean, a súa implicación tanto na paisaxe natural e urbana coma na economía galega e na sociedade en xeral debido ás súas infinitas aplicacións.

O alumnado participante poderá coñecer de primeira man, a través dos/das responsables das instalacións, o Centro Tecnolóxico do Granito MINERGAL, no Porriño; un lugar privilexiado dende o punto de vista xeolóxico no que se atopa un dos xacementos máis grandes do mundo dunha soa variedade de granito: o Rosa Porriño. Ademais, aquí está a gran parte das empresas graniteiras máis importantes de España, tanto de extracción coma de elaboración.

Na sala de exposicións, duns 130 m2, exhíbese unha colección permanente de máis de 500 exemplares de minerais e rochas de todo o mundo, cunha alta representación de exemplares galegos.


Cabecera-web-ecultura.png