| Días 17, 18 e 19 de xuño. 2024
| De 9:30 a 13:30 h
| Ikeric Racing Sport Galicia » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Concellería de Educación, OMIX do Porriño e Ikeric Racing Sport Galicia
A Concellería de Educación, a OMIX do Porriño e o Ikeric Racing Sport Galicia organizan conxuntamente, o 17, 18 e 19 de xuño de 2024, un total de 6 visitas para o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Porriño, nas que participarán ao redor de 200 alumnos/as.
Estas visitas teñen a finalidade de que os/as participantes coñezan Ikeric Racing Sport Galicia – Escola de Motociclismo, que nace da paixón polo motociclismo de competición e da necesidade de contar en Galicia cun proxecto a escala internacional para a súa aprendizaxe.
O alumnado participante poderá coñecer de primeira man, a través dos/das responsables das instalacións e pilotos de renome- convidados/as para a ocasión-, a pista multipropósito de 25.000 metros cadrados, a gama de servizos e cursos para todos os niveis de experiencia con programas deseñados para satisfacer todas as necesidades e os eventos e competicións que levan a cabo durante todo o ano.
Estas actividades bríndanlle ao alumnado a oportunidade de poñer en práctica o aprendido e mellorar as súas habilidades nunha contorna competitiva e emocionante, a paixón pola competición, pero tamén pasalo en grande vivindo unha experiencia única; dado que os/as profesores/as e monitores/as están formados/as para saber sacar o mellor rendemento de cada piloto segundo as súas necesidades.