APRAZADA POR PREVISIÓN METEOROLÓXICA ADVERSA A VISITA DO SÁBADO 19
| Sábados 5, 19 e 26 de xuño. 2021
| Saída ás 12:00 h. Dende o Templete da Rede de San Luis » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscricións a través do correo: inscricionscultura@oporrino.org
A visita programada para o sábado 19 queda aprazada por previsión meteorolóxica adversa, proximamente comunicarase a nova data para esta quenda.
Antonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.
Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.
Dende a Concellería de Cultura e co gallo da celebración do 75 aniversario do falecemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios, levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto porriñés no casco urbán: Botica Nova, Fonte do Cristo, Edificio do Concello, Templete da Rede de San Luis. Con acompañamento musical de gaiteiro e tamborileiro da Asociación Cultural Lumeirada.
- Punto de encontro: Templete da Rede de S. Luis (diante do cemiterio municipal)
- Horario de saída: 12:00 h
- Duración da visita: 90 minutos
- Prazas limitadas
Inscricións para a asistencia
As persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos de cada participante
- Número de teléfono
- Indicar en asunto: “Inscrición visita teatralizada Antonio Palacios”
As/os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta responsable dos mesmos.
Próximas datas
- 29 de maio
- 05 de xuño
19 de xuño- 26 de xuño
- 25 de setembro
- 02 de outubro
- 09 de outubro
- 16 de outubro
- 23 de outubro
- 30 de outubro
Lucho Penabade é Antonio Palacios e Tero Rodríguez é Corona González, ambos os dous conforman Os Quinquillans, unha compañía especializada no teatro de rúa, desde 1989.