Visita-obradoiro á exposición temporal “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”

ACTUALIZACIÓN: NOVA INCORPORACIÓN AO PROGRAMA

| Do 22 de febreiro ao 29 de marzo. 2022
| Horario lectivo
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

visita-obradoiro á exposición temporal do Arquitecto Antonio Palacios "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"

Organiza: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


O alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do Porriño participa nas visitas-obradoiro á mostra “Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia” no Museo do Mar de Galicia.

Na actividade, organizada pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, participarán 214 alumnas e alumnos dos colexios do municipio. As visitas comezaron hoxe e desenvolveranse ata o 29 de marzo.

Visita-obradoiro á exposición temporal "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"

Visita-obradoiro á exposición temporal "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"


Soños de modernidade. Compromiso con Galicia

O Museo do Mar de Galicia acolle unha nova e atractiva exposición temporal dedicada ao polifacético e creativo arquitecto Antonio Palacios, considerado un dos principais referentes da arquitectura nacional do século pasado.

Queremos convidar a todo o colectivo escolar a coñecer e descubrir connosco a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista práctico, dinámico, participativo e por suposto, educativo.

Dar a coñecer a figura e o traballo de Palacios a partir dos elementos expositivos será o punto de partida das actividades que temos programadas. A través dun paseo pola sala poderán descubrir os grandes traballos relacionados coa arquitectura e o Vigo que el quería construír.

Tamén achegarémonos aos diferentes materiais construtivos e a relación que tivo con outras artes como as plásticas e as decorarivas para coñecer as outras facetas de Palacios dentro do mundo da arte.

Por último, traballaremos coas formas xeométricas e coa imaxinación para poñernos na pel dun arquitecto e porque non, dun artista, e dar pé a nosa creatividade para deseñar e construír formas e estruturas a partir de materiais atractivos e dinámicos. Con eles farán as súas composicións para achegarse dende un punto de vista artístico ao fascinante mundo da arquitectura.


Mans a obra!

Visita-obradoiro á exposición temporal "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"

Que é a arquitectura? Que ferramentas utilizan? Con que materiais traballan?

Durante o percorrido descubriremos que é a arquitectura e cal é o traballo dos arquitectos e das arquitectas ao tempo que falamos das ferramentas e dos materiais que se utilizan. Indagaremos sobre os materiais do pasado e do presente e, sobre todo, xogaremos coas formas. Círculos, cadrados, rectángulos e triángulos están por todas partes e xuntos conseguen formar grandes construcións, coma o cole, as nosas casas e tamén os parques onde xogamos.

Xa na aula, traballaremos na creación de figuras de gran formato grazas ao uso de formas xeométricas xigantes que ensamblan unhas coas outras e que permitirán plasmar as nosas ideas.

Obxectivos:

  • Descubrir a figura de Antonio Palacios.
  • Achegarnos a arquitectura a través das formas xeométricas.
  • Traballar a creatividade e a psicomotricidade do alumnado.

Imaxina, crea constrúe

Visita-obradoiro á exposición temporal "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"

Imaxinar e crear son dúas das facetas máis importantes dun arquitecto ou arquitecta. Organizar as súas ideas e pensar o que queren construír resulta fundamental para levantar tantos edificios como nos rodean. Un paseo pola sala expositiva permitiranos pescudar sobre que é a arquitectura e tamén sobre a figura de Antonio Palacios para coñecer moitas das obras que deseñou grazas as maquetas presentes no espazo. Tamén nos achegaremos ao lado máis artístico do arquitecto para falar da súa andanza nas belas artes e como foi quen de deseñar espectaculares pezas que penduraran enriba das nosas cabezas.

Por último, traballaremos na aula cos kits de magnetismo que permitiran ao alumnado traballar por grupos para imaxinar e crear as súas propias esculturas.

Obxectivos:

  • Descubrir a figura de Antonio Palacios.
  • Aprender vocabulario específico sobre a arquitectura.
  • Coñecer o traballo realizado polos arquitectos e arquitectas.
  • Potenciar a creatividade do alumnado.

Arquitectura sen filtros

Visita-obradoiro á exposición temporal "Soños de modernidade. Compromiso con Galicia"

A arquitectura permite tantas formas infinitas como nos imaxinemos. Antonio Palacios considerado un dos arquitectos nacionais máis importantes do século pasado é todo un referente neste campo. Descubriremos a súa figura a partir das maquetas presentes na exposición e comprobaremos como o seu traballo traspasou a arquitectura, traballando tamén as artes plásticas e decorativas. Mergullarémonos na súa vida para coñecer a súa traxectoria e as pegadas que deixou non só na nosa Galicia, senón tamén na capital, Madrid.

Xa na aula, propoñemos un xogo por equipos, baseado no coñecido junk art, no cal deberán traballar de forma conxunta para deseñar, planificar e construír a súa propia edificación. Por último, compartiran co resto da clase o seu deseño, explicando a súa creación e posible utilidade.

Obxectivos:

  • Descubrir a figura de Antonio Palacios e a súa obra.
  • Achegarse ao traballo realizado por arquitectas y arquitectos.
  • Potenciar a creatividade do alumnado.
  • Fomentar as habilidades do grupo a nivel comunicativo.

Cabecera-web-ecultura.png