Visitas guiadas á Escola de Motociclismo Ikeric Racing Sport Galicia

| Días 10 e 12 de xuño. 2025
| De 9:30 a 13:30 h
Ikeric Racing Sport Galicia » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Visitas guiadas á Escola de Motociclismo Ikeric Racing Sport Galicia

Concellería de Educación, OMIX do Porriño e Ikeric Racing Sport Galicia


A Concellería de Educación, a OMIX do Porriño e o Ikeric Racing Sport Galicia organizan conxuntamente, os días 10 e 12 xuño de 2025, un total de 4 visitas para o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Porriño, nas que participarán ao redor de 126 alumnos/as.

O alumnado participante poderá coñecer de primeira man, a través dos/das responsables das instalacións e pilotos de renome- convidados/as para a ocasión-, a pista multipropósito de 25.000 metros cadrados, a gama de servizos e cursos para todos os niveis de experiencia con programas deseñados para satisfacer todas as necesidades e os eventos e competicións que levan a cabo durante todo o ano.

Os/as participantes coñecerán Ikeric Racing Sport Galicia – Escola de Motociclismo, que nace da paixón polo motociclismo de competición e da necesidade de contar en Galicia cun proxecto a escala internacional para a súa aprendizaxe.

O obxectivo destas visitas é brindarlle ao alumnado participante unha experiencia educativa práctica relacionada coa seguridade viaria, o deporte do motociclismo e a mecánica básica, para fomentar o respecto polas normas de tránsito e espertar o interese por actividades deportivas alternativas”, sinala a concelleira de Educación Carolina González Costas.


Cabecera-web-ecultura.png