Visitas guiadas teatralizadas de outubro polas obras de Antonio Palacios

| Sábados 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro. 2021
| Saída ás 12:00 h. Dende o Templete da Rede de San Luis » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscricións a través do correo: inscricionscultura@oporrino.org

Visitas guiadas teatralizadas: Antonio Palacios

As visitas programada anuladas por previsión meteorolóxica adversa, adiaranse para outras datas.

Antonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.
Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.

Dende a Concellería de Cultura e co gallo da celebración do 75 aniversario do falecemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios, levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto porriñés no casco urbán: Botica Nova, Fonte do Cristo, Edificio do Concello, Templete da Rede de San Luis. Con acompañamento musical de gaiteiro e tamborileiro da Asociación Cultural Lumeirada.


  • Punto de encontro: Templete da Rede de S. Luis (diante do cemiterio municipal)
  • Horario de saída: 12:00 h
  • Duración da visita: 90 minutos
  • Prazas limitadas

Inscricións para a asistencia

As persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos de cada participante
  • Número de teléfono
  • Indicar en asunto: “Inscrición visita teatralizada Antonio Palacios”

As/os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta responsable dos mesmos.


Próximas datas

  1. 29 de maio
  2. 05 de xuño
  3. 19 de xuño
  4. 26 de xuño
  5. 25 de setembro
  6. 02 de outubro
  7. 09 de outubro
  8. 16 de outubro
  9. 23 de outubro
  10. 30 de outubro

Visitas guiadas teatralizadas: Antonio Palacios

Lucho Penabade é Antonio Palacios e Tero Rodríguez é Corona González, ambos os dous conforman Os Quinquillans, unha compañía especializada no teatro de rúa, desde 1989.

Visitas guiadas teatralizadas: Antonio Palacios

Visitas guiadas teatralizadas: Antonio Palacios


Cabecera-web-ecultura.png