Voluntariado para actividade de restauración ambiental do río Couso

| Sábados 4 de maio, e 1 e 15 de xuño. 2024
| De 11:00 a 13:00 h
| Punto de encontro: rúa Leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)
| Require inscrición previa

Voluntariado para actividade de restauración ambiental do río Couso

Organizan: Concellería de Xuventude e OMIX do Porriño. Verdegaia en colaboración coa Oficina de Voluntariado do Concello do Porriño


O sábado 4 de Maio retomamos as actividade de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies invasoras.

A OMIX do concello do Porriño e Verdegaia dan continuidade aos traballos realizados o ano pasado encamiñados a recuperar o estado natural do treito final río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro no Porriño.

Ao longo de tres xornadas, 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño, recolleremos o lixo acumulado, eliminaremos algunhas especies invasoras e acompañaremos o crecemento das arboriñas que plantamos durante o Inverno.

A elección do local desta actividade procura visibilizar un tipo de actividade, a restauración de espazos naturais, que moitas veces realizamos en zonas afastadas e non é observada polo grande público. Programando esta acción nunha zona que moitas persoas de toda a comarca utilizan para pasear e facer deporte iremos demostrar como a recuperación de espazos naturais moitas veces é posible contando simplemente co traballo voluntario e comunitario dos propios veciños.


Programación

A actividade constará de tres xornadas, todas elas en horario de 11:00 a 13:00, os sábados 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño. Nas que, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiremos luvas e ferramentas entre os participantes para proceder á retirada do lixo e de especies invasoras que impiden o crecemento das especies autóctonas.

O sábado 1 de Xuño, ademais de recoller lixo e eliminar algunhas especies invasoras, aproveitaremos o esplendor que as plantas presentan nesta época da Primavera para realizar un safari fotográfico. O safari consistirá en fotografar o maior número de especies diferentes neste treito do río Couso. A fotografía que mellor recolla a esencia deste ecosistema será agasallada con unha camisola na seguinte xornada, o 15 de Xuño.


Dende a OMIX queren aproveitar para agradecer a colaboración e solidariedade da veciñanza do Porriño. Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado para esta actividade, poderán informarse e/ou inscribirse no teléfono 691 657 039 ou no correo electrónico omix@oporrino.org.



Voluntariado para actividade de restauración ambiental do río Couso


Cabecera-web-ecultura.png