Xarotos – Gran Fondo 2022

| Domingo 21 de agosto. 2022
| Ás 9:00 h
| O Porriño

Xarotos Gran Fondo 2022. Concello do Porriño

Concellería de Deportes


O club ciclista Master da Louriña co patrocinio do Concello do Porriño, presenta o evento deportivo Xarotos Gran Fondo, o cal conta coas respectivas autorizacións e seguros pertinentes da Federación Galega de Ciclismo.

Tratase dunha proba ciclodeportiva na que se entregarán distintos premios aos mellores en cada categoría, controlando os tempos de todos os participantes.


Data e horarios

O evento Xarotos Gran Fondo desenrolarase o día 21 de agosto de 2022 con saída ás 9:00 h no Concello do Porriño.

A recollida de dorsais poderá efectuarse no salón de plenos do Concello do Porriño, tanto o sábado día 20 de xuño, de 18:00 a 21:00 h, como o domingo 21 de agosto, de 7:00 a 8:30.

Será obrigatorio estar na saída, preparado para o evento, ás 8:45 h para realizar os sorteos e agasallos que concede la organización.


Perfís e rutómetros

Haberá 2 percorridos diferentes: Xarotos Gran Fondo e Xarotos Medio Fondo. Os primeiros 19 km e os últimos 28 km de cada percorrido serán neutralizados e sen cronometraxe.


Xarotos Gran Fondo

Un percorrido de 132 km e 3000 m de desnivel acumulado. Haberá 2 tramos cronometrados:

  1. Tramo cronometrado “Gran Fondo”: desde o km 19 ata o km 132.
  2. Tramo cronometrado “Subida Xarotos”: desde o km 65 ata o km 69.

Xarotos Medio Fondo

Un percorrido de 76 km con 1400 m de desnivel acumulado. Haberá un tramo cronometrado desde o km 19 ata o km 76.


Botón regulamento


Máis info en
www.xarotosgranfondo.es


Xarotos - Gran Fondo 2022


Cabecera-web-ecultura.png