Xela contra o dragón Traga-verbas

ACTUALIZACIÓN: NOVA LOCALIZACIÓN

| Xoves 29 de setembro. 2022
| Ás 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios Praza do Cristo » ver mapa

Xela contra o dragón Traga-verbas

Un espectáculo da compañía Títeres Cachirulo
Rede de Dinamización Lingüística


Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

As súas obras percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América cultivando importantes premios.

A compañía Monicreques Cachirulo inicia a súa actividade co espectáculo Ubu no outeiro de Alfred Jarry, unha coprodución que realiza xunto co Centro Dramático Galego.

Ao longo dos anos, Cachirulo realizou máis de 35 montaxes combinando textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa, destacando espectáculos como Pinocho, Camiño de aventuras ou Do, re, o meu, Mozart xoga aquí?, Premio ao Mellor Espectáculo de Marionetas no 4° Festival Iberoamericano de Teatro Cume das Américas (Arxentina, 2008).

Cachirulo caracterízase por realizar un importante traballo de creación e investigación con mestres do teatro de monicreques como Francisco Peralta (España), Yang Feng (China), Guaira Castela (Arxentina) ou Chris Geris, da compañía belga Plansjet.

Ademais desta actividade de creación e de presentación de espectáculos, a compañía abre en 1997 a Sala Yago de Santiago de Compostela, que permanece en funcionamento ata o 2007, cunha programación estable de teatro de monicreques e marionetas, á que posteriormente se incorporou o teatro e as proxeccións cinematográficas. Así mesmo, a Sala Yago, galardoada co Premio Max das Artes Escénicas 2003 na categoría de Teatro Alternativo, serviu como plataforma para o desenvolvemento de diferentes proxectos de formación e difusión, entre eles a edición da revista Bululú, da que se chegaron a editar 7 números, sendo unha das máis destacadas publicacións especializadas en teatro de monicreques.


Xela contra o dragón traga-verbas


Patrocinio Rede Dinamizacion LinguisticaCabecera-web-ecultura.png