XIV Milla Porriñesa Festas do Cristo 2026

| Domingo 13 de outubro. 2026
| Ás 12:00 h
| Rúas da vila. Saída e chegada na Praza Arq. Antonio Palacios
| Inscricións ata o día 12 de setembro

XIV Milla Porriñesa Festas do Cristo 2026

Organizan: Club Atletismo Porriño e Concello do Porriño


O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a XIV Milla Porriñesa “Festas do Cristo” no centro urbano da vila, o domingo 13 de setembro de 2026. O horario de comenzo das probas será as 12:00 h. A saída e a chegada serán na praza Arquitecto Antonio Palacios.


Participantes

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño.


Categorías participantes, distancias e horarios

  • 12:00 h | Pitufiñas e Pitufiños de 2 a 4 anos inclusive (menores) | 100 m.
  • 12:05 h | Velociraptores de 5 a 7 anos inclusive (menores) | 200 m.
  • 12:10 h | Esprinters de 8 a 10 anos inclusive (menores) | 400 m.
  • 12:20 h |Correcamiños de 11 a 14 anos inclusive (menores) | 800 m.
  • 12:30 h | Milla Porriñesa(*) de 15 anos en diante | 1.609 m.

(*) Adicionalmente a Milla Porriñesa terá 2 subcategorías:

  • Veteranos A: > 35 ata 50 anos
  • Veteranos B: > 50 anos

Premios e trofeos (os premios son acumulativos)

Categorías menores:

Trofeos para as tres primeiras corredoras e os tres primeiros corredores das categorías menores. Medallas para o resto dos participantes.

Milla Porriñesa:

  • Trofeos para as tres primeiras corredoras e para os tres primeiros corredores que crucen a liña de meta da categoría absoluta.
  • Trofeos para as tres primeiras corredoras e os tres primeiros corredores das subcategorías.

Non hai premio á categoría senior/junior > 15 anos, compiten só polo premio absoluto.


Inscricións

A inscrición é totalmente gratuíta. Pódense anotar atletas vía online ata o día 12 de setembro ás 23:59 h (enlace ao formulario de inscrición máis abaixo).


Cronometraxe

A cronometraxe levarase a cabo con cronómetros manuais por parte do persoal do Club Atletismo Porriño. Só se contabilizarán os tempos dos tres primeiros/as clasificados/as de cada carreira.


Vestiarios

Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal do Porriño.


Reclamacións

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente á persoa responsable da Competición unha vez rematadas as probas.


Cesión de dereitos de imaxe e uso de datos persoais

En virtude do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), o participante consente e autoriza expresamente a cesión dos seus dereitos de imaxe e o uso dos datos persoais facilitados no momento da inscrición na presente proba. Estes datos poderán ser utilizados pola organización para a xestión da proba, así como para a difusión e promoción de actividades relacionadas coa mesma, incluíndo a publicación de imaxes e resultados en medios de comunicación e redes sociais. O participante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita dirixida á organización.


Botón descarga bases



XIV Milla Porriñesa Festas do Cristo 2026