| Sábado 7 de novembro. 2026
| A partir das 17:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa

Organiza: Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
Colabora: Concello do Porriño
O sábado 7 de novembro, o barrio de San Bieito acollerá a 19ª edición da Noite do Calacú, unha celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño.
A programación comezará ás 17:00 horas cun obradoiro infantil. Ás 19:30 horas terá lugar o nomeamento da Dama e Cabaleiro do Calacú, que este ano recaerá en Tonio e Pepi, seguido ás 20:00 horas do tradicional desfile de disfraces polo percorrido de costume.
A partir das 20:30 horas, celebrarase un gran magosto con castañas, viño, auga e chocolate. A xornada contará tamén con animación musical e unha charanga.
Unha cita para gozar en familia dunha noite de tradición, disfraces e diversión no Porriño.

