| Desde o 10 de abril ata a localización dos premios. Xogo finalizado
| O Porriño
| Concellería de Festexos | OMIX do Porriño
Un xogo para dinamizar o consumo no comercio e na hostalería do Porriño.
145 establecementos entre locais de hostalería e comercios de proximidade, participan na iniciativa “A Miña Avoa”, un xogo para dinamizar o consumo no Porriño.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza este certame que promove o Concello do Porriño, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio.
Este proxecto, denominado “A miña Avoa” consiste na procura dun tesouro, que da protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais.
O xogo consiste en localizar páxinas dun xornal vello polas empresas da zona, que conteñen 3 enigmas distintos. A través deles, a veciñanza ten que adiviñar onde se atopa o tesouro escondido. Poida que se xogue ao engano, pero só na primeira ollada, posto que non é imposible de acertar.
Historia do xogo
Este xogo está contextualizado nun anaco de xornal vello, un señor fala da súa avoa, unha celebridade da vila.
Nesa entrevista, o señor afirma que a súa avoa, agochou uns agasallos por todo o concello, como tamén así facía, cos seus agasallos de aniversarios cando neno.
Despois das pistas que o señor indica para localizar eses tesouros, termina a entrevista con esta frase:
Foi unha grande avoa, unha gran muller e sobre todo, unha grande arqueóloga.
Obxectivos
Esta actividade ten como obxectivo principal o fomento da economía no sector da restauración e do comercio local. Unha resposta que se intensifica dunha maneira directa a través dos cheques regalo; pero sobre todo, mediante a repercusión nos medios de comunicación, ao ser unha campaña tan novidosa, orixinal e diferente.
Outra finalidade é a de potenciar o lecer e a cultura no municipio, á vez que se fomenta o traballo en equipo dentro do círculo familiar.
Dinámica
- Público obxectivo: Cidadanía da vila.
- Duración: Desde o 10 de abril ata a localización dos premios, máximo 8 de xuño.
- A partir da 2ª semana, aparecerán pistas para a localización dos premios restantes.
- Premios: de 50€ cada un para consumir nos establecementos locais.
- As persoas gañadoras deberán subir unha foto ás redes sociais co cancelo acordado unha vez que localicen o premio.
- Será imprescindible gardar o ticket de compra ou factura, unha vez atopado o tesouro.
Xogo Finalizado
Coa localización do último tesouro, descuberto o martes 20 de abril, remata o xogo “A Miña Avoa”, unha iniciativa promovida polo Concello para dinamizar o consumo no comercio de proximidade e a hostalería local. A veciñanza porriñesa participou dun xeito moi activo e atopou nun tempo record os seis “tesouros”, pois o xogo comezou o sábado 10 de abril e tense rematado en dez días cando a previsión era que durase ata primeiros de xuño.
- Montse Davila atopou o tesouro nº 1, a través dunha pista recollida no establecemento Lencería Mercería Tere. O tesouro estaba agochado no banco da Biblioteca Municipal, chegouse ao tesouro a través da pista: “Sempre que ía, tiña un ritual, sentaba nun dos bancos de fóra e aí, gozaba, a soas, do cheiro desas follas impresas. É posible que a vosa aventura comece no mesmo lugar onde comezou sempre a miña”.
- Julia Cerrada atopou o tesouro nº 2, a través dunha pista recollida no establecemento Elre Electricidad. O tesouro estaba agochado nunha maceta preto da Fonte do Cristo, chegouse ao tesouro a través da pista: “De varias zancadas chegarás,desde a gran fonte empezarás.Varios pasos cara a unhas escalei-ras darás edentro dun testo de plantas me atoparás”.
- Sonia Barciela atopou o tesouro nº 3, a través dunha pista recollida no establecemento Zapatería Taconeo. O tesouro estaba agochado nun banco da capela de San Benito, chegouse ao tesouro a través da pista: “Pegado a este edicio gozo das vistas, coma a dese pequeno xardín que me alegra os días.Oio cánticos, rezos e pregúnto-me, quen virá a sentarse agora? Porque ao parecer teño algoagochado que non pode esperar”.
- Montserrat Davila atopou o tesouro nº 4, a través dunha pista recollida no establecemento Rayuela, puericultura e moda infantil. O tesouro estaba agochado nos xardíns da oficina de Correos, chegouse ao tesouro a través da pista: “Son unha pedra, ben cortada, e preto de min algo está escondido. Parecíase a… como o chaman? un paquete pequeno coma eses que leva a xente a ese sitio de aí en fronte. Que raros son estes humanos… Véxoos sempre con cartas e paquetes, se non pousaran sempre os seus cus en min, serían máis do meu agrado. Menos mal que teño ás miñas compañeiras neste pequeno xardín para entreterme”.
- Blanca Inés Gómez atopou o tesouro nº 5, a través dunha pista recollida no establecemento Meigallo Porriño. O tesouro estaba agochado nun muro preto do albergue de peregrinos, chegouse ao tesouro a través da pista: “Que gran xente esa que fai o camiño de Santiago… Dío o valado que contempla o descanso do peregrino. E ao pé do camiño ata podes atopar un tesouro pequeniño”.
- Noelia Davila atopou o tesouro nº 6, a través dunha pista recollida no establecemento Don Dino. O tesouro estaba agochado debaixo dun banco no parque Alcalde Ordoñez, chegouse ao tesouro a través da pista: “Observo con admiración o parque que á dereita do mapa está. As miñas madeiras viron como persoas sentaban a albiscar a cor verde que me rodea e para si gozar”.
Establecementos asociados a campaña A Miña Avoa
CONGELADOS HIPERXEL
BANCO MEDIOLANUM- DORI FERNÁNDEZ
ALFREDO RECONDO SEGUROS
OCASO
WILD DOG
A LABRANZA
AUTOESCUELA CARRIL 32
RESTAURANTE BAR LA CUEVA
EL X DE LA SUERTE – ESTANCO Nº 2 PORRIÑO
CAFETERÍA RESTAURANTE PASO A NIVEL
TIC TAC
CLIK MODA
CONGELADOS FRANDI
COPI-REY
DÁNDARA
DEPORTES GONZÁLEZ
DOVER
INFINITO PORRIÑO
ELRE
EUROPEA DE VENTAS – EUROVENSA
FARMACIA LOS SOPORTALES
ÓPTICA ALEMANA
ZARIFA
FLORES MARI
FOTO PAKO
HIPER PORRIÑO
INDUPOR VESTUARIO LABORAL Y EPI´S
INFORMÁTICA TURBO PC
JOYERÍA COVELO
JOYERÍA JOSÉ ANTONIO
JOYERÍA LORENZO
D´LUXE
KL-ESTILISTAS
KIOSCO REGALIZ
NATTEX PORRIÑO
PAZ DISMAC
TOPITOS
MAPA PORRIÑO
TERE
IDEART ESTUDIO
ISHOP (ANTIGUO W52)
ÓPTICA PORRIÑO
PANADERÍA ARGIBAY
PANADERÍA CHINCHINA
PANADERÍA ERUNDINA
O PROGRESO
PANADERÍA LOS MILAGROS
RECONDO
PASTELERÍA D´CARLO
PELUQUERÍA JOSÉ VILA
PELUQUERÍA ROCÍO LEMOS
PELUQUERÍA VALVERDE
POLISPORT PORRIÑO
RAYUELA
REVERENDO – TIEN21
SERIANPER
TACONEO
TEXTIL ADRIÁN
TÍA TATA
ZAFIRO MODA
JUGUETERÍA VILARIÑO
VOLVORETA
BAR CELTIÑA
MESÓN MONDARIZ
ARAÑAME CON ESTILO
PLANETA KIDS
PORRIÑO PRODUCCIONES
CHAROL SHOES
ADDICTION
EL ULTRAMARINO
STUDIO 57
CHLOE
LOTERIAS Y APUESTAS ESTADO
FERRETERÍA PORRIÑO (BEROVAZ)
CAFÉ ZENTRAL
SEGREDOS GASTROBAR
VIDEOCLUB ZARKO
ACADEMIA PELUQUERÍA ONDAS & PERFIL
CAFETERIA BENDECIDA
PELUQUERIA NO TE CORTES
GOMY MAS
FLOR ABREU
VITELA CARNICERIA
TAPERÍA EL ALAMBRE DEL ABUELO
CARNICERÍA D´TERE
PANADERÍA TORNEIROS
ARGENTINO 2
CAFÉ SOL
DON DINO
RESTAURANTE CASTRO
O-EXO FLORISTERÍA Y EVENTOS
Manicure Porriño
BAR LICEUM
CERVECERIA LA PLAZA
Cafetería Platinum
HOSTELERIA MALOSERÁ
DECORVAL
BOLBORETA BAR
FARMACIA RAMON GONZALEZ
EL CINCUENTAICINCO
LM GESTION INMOBILIARIA
THE GAME TATTO
CARLIN PORRIÑO
VAL DO LOURIÑA
FLORARIA MARI
MUEBLES FRAGUEIRO
TENGO MUEBLE
PORTO COMFORT
Doble L&L
ANDRIU DISEÑO TEÑAS
VINOTECA LA BICI
VIAJES AIRBUS
VESTIDOR DE ALEJANDRA
D’BOSS
ALMA
TERE BAQUERO
GOLOSINAS GOMISTAR
VA DE MANITOS
NOA ESTEVEZ
EUROPEL
BLACKBIRD
LOUROS @T INFORMATICA
SAT. ESTEVEZ
CAFÉ BAR LA TENTACION
TEA VETERINARIO
TINA & MARTINA
MARACAIBO
SML MODA
CHICORIA
BAR SALGUEIRA
ADEGA DE MONTERO
BERMA CERRAJEROS
LA DE CHATO
MIMATE SALUD NATURAL
D’ANA
HAMBURGUESERIA FRAN
COPICITY
FARMASAÚDE
MEIGALLO
PELUQUERIA JOSE DOMINGUEZ
MERLIN
LUPUS
HAMBURGUESERIA ALHAMBRA
PELUQUERÍA DILL´ARTE
ELECTRICIDAD VARELA