Xornada: A prevención da violencia de xénero e a protección das vítimas, dende unha perspectiva social e tecnolóxica

| Xoves 11 de decembro. 2025
| Ás 17:30 h
Sala de comunicacións do Concello do Porriño » ver mapa
| Entrada libre ata completar prazas

Xornada: A prevención da violencia de xénero e a protección das vítimas, dende unha perspectiva social e tecnolóxica

Organizan: Concellería de Igualdade e CIM Do Porriño


O Porriño organiza unha nova xornada dentro da programación do 25N

O xoves 11 de decembro ás 17:30 h, na Sala de Comunicacións, no Concello, celebramos a xornada “A prevención da violencia de xénero e a protección das vítimas, dende unha perspectiva social e tecnolóxica”. Un encontro aberto á cidadanía e aos profesionais no que, da man de especialistas, analizaremos os recursos dispoñibles, os mecanismos de protección e o papel dos centros de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.


Participan:

  • Roberto Barba – director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero que falará das “Prestacións económicas e dispositivos a man das mulleres vítimas de violencia de xénero”
  • Mª José Rodríguez – xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller en Pontevedra, co relatorio “As mesas locais de violencia de xénero como mellora na coordinación entre os axentes que interveñen directamente coas vítimas de violencia de xénero. Dispositivos de seguridade”
  • Elena Molanes – directora do CEMVI que tratará o tema de “Cando a emerxencia se transforma en esperanza: o rol dos centros de acollida”

Avanzamos cara a unha sociedade máis libre, xusta e segura.



Xornada: A prevención da violencia de xénero e a protección das vítimas, dende unha perspectiva social e tecnolóxica

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2025


Cabecera-web-ecultura.png